2/8/12

CONCELLO DE TORDOIA

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 146 do 2 de agosto publícanse as bases das convocatorias do Concello de Tordoia, para a provisión:

dunha praza de administrativo polo sistema de oposición libre, incluída na OPE 2011

dunha praza de auxiliar administrativo polo sistema de oposición libre, incluída na OPE 2011

As instancias solicitando participar nas probas selectivas, dirixidas ao Sr. Alcalde, presentaranse no prazo de 20 días naturais que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado ou no Diario Oficial de Galicia, no Rexistro xeral do concello ou na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As taxas por dereitos de exame para calquera das dúas convocatorias será de 12 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario