29/9/14

CONCELLO DE MARÍN. Téc. Prospeción Laboral

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 187 do 29 de setembro de 2014, o Concello de Marín publica as bases rectoras do proceso selectivo a selección e contratación laboral temporal de un técnico para a realización de accións de Prospeción Laboral e Accións de Sensibilización da Cultura Emprendedora para o programa Integrado de Emprego “EMPREGAMARIN”.

Titulación esixida: licenciatura, arquitectura, enxeñeiria ou grao; ou título universitario de enxeñeiria técnica, diplomatura, arquitectura técnica ou grao.

Dereitos de exame: 18,03 euros.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP; prazo que remata o sabado 4 de outubro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario