24/8/15

CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO. Atención á Infancia.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 192 do 22 de agosto de 2015, o Concello de Vilariño de Conso publicou a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal de unha persoa para o posto de atención á infancia.

Titulación esixida: Licenciatura en pedagoxía ou psicopedagoxía; Mestre especialista en educación infantil ou equivalente ou  Técnico superior en educación infantil ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. O dito prazo remata o xoves 27 de agosto de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario